Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019
Imagen
SLIME CASEIRO Esta semana a diversión estivo asegurada xa que o experimento era crear o noso slime ou moco esponxoso.  Coma de costume, dispoxemos a ensinarlles os pasos a seguir no Power Point, apoiándonos na LSE para que todos comprenderan o que íamos facer. Éramos conscientes de que o slime pode facerse de moitas formas e aínda cos materiais necesario podía que houbese problemas, xa que é un fluído algo complexo de conseguir. Os materiais empregados foron: bórax, auga quente, cola branca, colorante, recipiente e cucharas para remover e mesturar todo ben. Primeiro enchemos un bol con 150 ml de auga e botámoslle unhas cucharadiñas de bórax dentro, removemos ben e apartámolo. Noutro recipiente, mesturamos auga con cola branca axudándonos das cucharadas para que quedase uniforme. E por último incorporamos pouco a pouco esta segunda mestura á primeira, mentres imos removendo lentamente para que todos os ingredientes se unifiquen. Cando o tivemos, puidemo
Imagen
MOMIFICACIÓN O Club de Ciencias desta semana levamos a cabo o experimento da salchicha momificada, unha maneira moi visual de como un elemento tan común como o bicarbonato pode absorber tanta auga dun alimento. En primeiro lugar, coma sempre, explicamos todo o proceso. Os materiais empregados: tuppers, regras, báscula, bicarbonato, salchichas e rotulador; así coma os pasos para levar a cabo o noso experimento. Debido a que para poder contemplar a salchicha perfectamente momificada, tivemos que poñela unha semana antes aproximadamente en bicarbonato para que así este día puidesen velo todo rematado. En primeiro lugar, medimos e pesamos a salchicha axudándonos da regra e da báscula. Anotamos os datos na tapa do tupper, ademais dos nomes de cada parella (de dous en dous os nenos facían unha ou dúas salchichas dependendo do tamaño de tupper e o espazo). Unha vez pesada e medida a nosa salchicha, introducímola en bicarbonato, cubrindo ben o tupper onde a íamos gardar por
Imagen
QUE VEDES? O experimento desta semana require de moita paciencia para poder observar os efectos visuais que podemos observar de diferentes imaxes, así como os que imos producir con materiais de papelería. Despois de explicarlle coma de costume o proceso do experimento co Power Point e apoiándonos con Lingua de Signos, separamos a actividade en dous talleres. No primeiro taller, tan só tiñan que observar o que vía e comentar. Tratábase de imaxes en movemento que preparamos con anterioridade, imprimindo unha lámina transparente de liñas negras en tamaño A4 e varias imaxes tamén formadas con liñas negras en folios A4. Dispuxemos nunha mesa escolar unha regra e colocamos unha por unha as láminas de papel con celo e apoiadas na regra para que non se movesen. Logo, deslizamos lentamente a lámina transparente de liñas por enriba dos folios. Os nenos e as nenas estaban abraiados, por que? Que ocorreu?? Debido a que os folios estaban compostos por varias imaxes solapadas unh
Imagen
O ARCO DA VELLA Esta semana tocou móstraslles aos nosos alumnos como podemos crear con poucos materiais un arco da vella propio.  Para comezar, xa que este experimentos requiría de unha espera de aproximadamente dúas horas para poder ver o resultado final, preparamos un modelo ese mesmo día pola mañá para que o final os rapaces puideran ver como quedaría.  Coma parte da nosa rutina científica, empregamos o Power Point e a LSE para proceder a explicar previa do experimento, así dos materiais que íamos necesitar, os cales eran: auga, colorante, vasos de plástico, cuchariñas e papel de cociña. Materias fáciles de atopar na casa ou senón no supermercado.  Como primeiro paso, colocamos un total de cinco vasos en fila e botamos un pouquiño de auga, arredor de tres dedos, en tres deles pero de maneira intercalada, é dicir, deixando dous vasos baleiros, quedando así un vaso con auga e colorante, outro sen nada e así sucesivamente.  En segundo lugar, nos vasos con auga incorporam