MOMIFICACIÓN


O Club de Ciencias desta semana levamos a cabo o experimento da salchicha momificada, unha maneira moi visual de como un elemento tan común como o bicarbonato pode absorber tanta auga dun alimento.

En primeiro lugar, coma sempre, explicamos todo o proceso. Os materiais empregados: tuppers, regras, báscula, bicarbonato, salchichas e rotulador; así coma os pasos para levar a cabo o noso experimento.
Debido a que para poder contemplar a salchicha perfectamente momificada, tivemos que poñela unha semana antes aproximadamente en bicarbonato para que así este día puidesen velo todo rematado.

En primeiro lugar, medimos e pesamos a salchicha axudándonos da regra e da báscula. Anotamos os datos na tapa do tupper, ademais dos nomes de cada parella (de dous en dous os nenos facían unha ou dúas salchichas dependendo do tamaño de tupper e o espazo).

Unha vez pesada e medida a nosa salchicha, introducímola en bicarbonato, cubrindo ben o tupper onde a íamos gardar por mínimo unha semana.

Cando rematamos, ensinámoslles a salchicha petrificada, e que lle pasara??
Despois dunha semana encollera o seu tamaño!!
Incrible! Pero o curiosos e que debido a que o bicarbonato de sodio é un composta con multitude de funcións, unha delas e que absorbe a humidade, polo que neste caso absorbeu toda la auga que contiña a salchicha.

👏👏👏👏👏👏👏






Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO