SLIME CASEIRO


Esta semana a diversión estivo asegurada xa que o experimento era crear o noso slime ou moco esponxoso. 

Coma de costume, dispoxemos a ensinarlles os pasos a seguir no Power Point, apoiándonos na LSE para que todos comprenderan o que íamos facer.

Éramos conscientes de que o slime pode facerse de moitas formas e aínda cos materiais necesario podía que houbese problemas, xa que é un fluído algo complexo de conseguir.

Os materiais empregados foron: bórax, auga quente, cola branca, colorante, recipiente e cucharas para remover e mesturar todo ben.

Primeiro enchemos un bol con 150 ml de auga e botámoslle unhas cucharadiñas de bórax dentro, removemos ben e apartámolo.

Noutro recipiente, mesturamos auga con cola branca axudándonos das cucharadas para que quedase uniforme.

E por último incorporamos pouco a pouco esta segunda mestura á primeira, mentres imos removendo lentamente para que todos os ingredientes se unifiquen.

Cando o tivemos, puidemos comprobar que non quedaba tan denso como nos gustaría, polo que démonos de conta que botamos a auga fría non quente. Ao principio pensabamos que era a cola porque non lle botamos moita e volvémolo intentar.
Despois de varios intentos, saíunos algo parecido pero non logramos conseguir a textura perfecta do slime.

Pero non pasa nada!! De isto se trata!! Explicámoslles aos nosos alumnos que na ciencia estas cousas poden pasar e que o que hai que facer nestes casos e seguir indagando e probando ata descubrir coa solución para que o noso experimento funcione!!

Unha maneira moi práctica e visual de que debemos ser constantes nas cousas que queremos conseguir, ata chegar ó éxito!!

💪💪💪💪💪💪
👏👏👏👏👏👏






Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO