Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019
MAKEY MAKEY O Club de Ciencias de esta semana foi moi divertido. Empregamos o famoso "makey makey", un kit ben completo e divertido para iniciarse no mundo da programación, grazas a o cal non importa a idade, xa que, podemos ampliar ou diminuir a súa dificultade en función das características dos nosos alumnos.  O primeiro que fixemos foi colocar dúas mesas con dous ordenadores portátiles onde conectar os nosos "makey makey". Logo, explicámoslles aos nosos nenos e nenas os elementos que contiña cada kit e o proceso que íamos seguir para facelo funcionar. Axudámosnos dos pictos e a LSE no Power Point para realizar dita explicación.  Previamente, cortamos unhas pezas de distintas froitas, pola metade, dobramos anacos de papel de aluminio e moldeamos anaquiños de plastilina para probar distintas opcións no noso makey makey.  Nun ordenador puxemos un dos kits xunto coas froitas e no outro a plastilina e o papel de aluminio. Estiramos os cables cocodrilo e col
EXPERIMENTOS DE AUGA Esta semana fixemos dous experimentos con auga.  Para empezar explicámoslles aos alumnos os materiais empregamos, que neste caso, para ámbolos dous experimentos foron ben sinxelos. Necesitamos: vasos de cristal, auga, tarxetas cos nomes ó revés, e anacos de cartón e un bol.  O primeiro experimento foi a inversión óptica, para o cal, colocamos os vasos de auga na mesa e poñemos a tarxeta detrás. Logo, incorporamos auga en cada vaso e…  Que pasou??  Nas tarxetas aparecen os nomes ó dereito, a través do vaso con auga, debido o efecto lupa que ten a auga que funciona grazas os focos de luz. O segundo experimento foi de presión de auga para o cal colocamos os vasos de auga na mesa, enchemos o vaso de auga e colocamos o anaco de cartón sobre o vaso, tapando toda a boca.  E que pasa??  O cartón quedouse pegado, non caeu e non deixou pasar auga a través del, nin caeu. Isto sucede debido a dous efectos, a cohesión e a adhesión. 👏👏👏
PRESIÓNS No Club de Ciencias de esta semana fixemos dous experimentos relacionados coas diferentes presións.  Para empezar, explicamos os dous experimentos a realizar con LSE e o power point. De seguido, nomeamos os elementos que íamos a empregar. No primeiro experimento necesitamos: un plato, colorante, cerillas ou encendedor, auga, unha vela e un vaso de cristal.  Primeiro botamos un pouco de auga no plato e engadimos o colorante azul. Despois, colocamos a candea no plato e encedémola. Tapamos a candea co vaso e observamos a candea e o nivel de auga.  Que acontece?? Tendo en conta que o aire que nos rodea está composto, entre outros gases, por osíxeno, este queimase e se convirte en dióxido de carbono de maneira que os niveis de osíxenos descenden. Polo que ao consumirse o osíxeno do interior do vaso a presión descende debido ó cambio de presión con respecto ó exterior. O segundo experimento empleamos unha bandexa, auga, colorante, unha xarra, auga, tesoiras, u