EXPERIMENTOS DE AUGA

Esta semana fixemos dous experimentos con auga. 
Para empezar explicámoslles aos alumnos os materiais empregamos, que neste caso, para ámbolos dous experimentos foron ben sinxelos. Necesitamos: vasos de cristal, auga, tarxetas cos nomes ó revés, e anacos de cartón e un bol. 

O primeiro experimento foi a inversión óptica, para o cal, colocamos os vasos de auga na mesa e poñemos a tarxeta detrás. Logo, incorporamos auga en cada vaso e… 

Que pasou?? 

Nas tarxetas aparecen os nomes ó dereito, a través do vaso con auga, debido o efecto lupa que ten a auga que funciona grazas os focos de luz.

O segundo experimento foi de presión de auga para o cal colocamos os vasos de auga na mesa, enchemos o vaso de auga e colocamos o anaco de cartón sobre o vaso, tapando toda a boca. 

E que pasa?? 

O cartón quedouse pegado, non caeu e non deixou pasar auga a través del, nin caeu. Isto sucede debido a dous efectos, a cohesión e a adhesión.

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO