MAKEY MAKEY

O Club de Ciencias de esta semana foi moi divertido. Empregamos o famoso "makey makey", un kit ben completo e divertido para iniciarse no mundo da programación, grazas a o cal non importa a idade, xa que, podemos ampliar ou diminuir a súa dificultade en función das características dos nosos alumnos. 

O primeiro que fixemos foi colocar dúas mesas con dous ordenadores portátiles onde conectar os nosos "makey makey". Logo, explicámoslles aos nosos nenos e nenas os elementos que contiña cada kit e o proceso que íamos seguir para facelo funcionar. Axudámosnos dos pictos e a LSE no Power Point para realizar dita explicación. 

Previamente, cortamos unhas pezas de distintas froitas, pola metade, dobramos anacos de papel de aluminio e moldeamos anaquiños de plastilina para probar distintas opcións no noso makey makey. 

Nun ordenador puxemos un dos kits xunto coas froitas e no outro a plastilina e o papel de aluminio. Estiramos os cables cocodrilo e colocamos cada un dos extremos na placa arduino e os outros nas froitas ou na plastilina e o aluminio; de tal maneira que tiveramos todos os cables conectamos. Aquí tivemos en conta que un dos cables en cada placa tiña que estar colocado na parte "earth" (terra en inglés). 

A continuación, enchufamos o cable USB vermello no ordenador e buscamos no google bongos ou piano makey makey e apareceunos o link. 

Fixemos click nel, apareceunos en plantalla complete e comezar a facer música!! 
Unha actividad moi divertida que os nosos alumnos encantoulles!!

👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO