Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como clube de ciencias
Imagen
QUE VEDES? O experimento desta semana require de moita paciencia para poder observar os efectos visuais que podemos observar de diferentes imaxes, así como os que imos producir con materiais de papelería. Despois de explicarlle coma de costume o proceso do experimento co Power Point e apoiándonos con Lingua de Signos, separamos a actividade en dous talleres. No primeiro taller, tan só tiñan que observar o que vía e comentar. Tratábase de imaxes en movemento que preparamos con anterioridade, imprimindo unha lámina transparente de liñas negras en tamaño A4 e varias imaxes tamén formadas con liñas negras en folios A4. Dispuxemos nunha mesa escolar unha regra e colocamos unha por unha as láminas de papel con celo e apoiadas na regra para que non se movesen. Logo, deslizamos lentamente a lámina transparente de liñas por enriba dos folios. Os nenos e as nenas estaban abraiados, por que? Que ocorreu?? Debido a que os folios estaban compostos por varias imaxes solapadas unh...
Imagen
O ARCO DA VELLA Esta semana tocou móstraslles aos nosos alumnos como podemos crear con poucos materiais un arco da vella propio.  Para comezar, xa que este experimentos requiría de unha espera de aproximadamente dúas horas para poder ver o resultado final, preparamos un modelo ese mesmo día pola mañá para que o final os rapaces puideran ver como quedaría.  Coma parte da nosa rutina científica, empregamos o Power Point e a LSE para proceder a explicar previa do experimento, así dos materiais que íamos necesitar, os cales eran: auga, colorante, vasos de plástico, cuchariñas e papel de cociña. Materias fáciles de atopar na casa ou senón no supermercado.  Como primeiro paso, colocamos un total de cinco vasos en fila e botamos un pouquiño de auga, arredor de tres dedos, en tres deles pero de maneira intercalada, é dicir, deixando dous vasos baleiros, quedando así un vaso con auga e colorante, outro sen nada e así sucesivamente.  En segundo lugar, nos vasos ...
Imagen
GLOBO SEN AIRE!! Hoxe no club fixemos un esperimento moi sinxelo con poucos materiais pero co cal a diversión estaba asegurada. Os materiais que empregaron foron: botellas de plástico, vinagre, bicarbonato, cucharillas, embudo e gafas de protección.  Para realizalo primeiro, de maneira rutinaria, dispuxemos o Power Point cos pasos e os materiais que necesitabamos. Segundo comezamos colocando as botellas de plástico na mesa e incorporamos vinagre dentro a modiño, ata echar a botella ata a metade.  Despois, sacamos o noso lado máis científico poñéndonos as super gafas de protección, collimos o globo e coa axuda do embudo botámoslle dentro o bicarbonato axudándonos de varias cuchariñas.  E por último, colocamos o globo na parte superior da botella e a conta de tres vaciamos o bicarbonato do globo dentro da botella. E sen esgotar o aire dos nosos pulmóns... o globo inflouse por completo!!  Incluso algúns ata o punto de explotar!! 👏👏👏👏...
Imagen
SÓLIDO OU LÍQUIDO ?? Esta semana no Club de Ciencias descubrimos un dos líquidos non Newtonianos. Un experimento moi visual e atractivo para os nosos nenos e nenas.  Para realizalo, coma parte xa da nosa rutina, espuxemos o Power Point e empregamos a LSE para poder interactuar cos nosos alumnos, expoñendo todo de maneira anticipada, e onde presentamos os materiais e o experimento en sí. Unha vez presentados os materiais empregados: maicena, auga e varios recipientes onde vertelo.  Logo, votamos maicena en grandes cantidad nos recipinetes sobre a mesa, e a continuación vertemos pouco a pouco a auga. Mentres, os nenos empregan as súas máns para remover a mestura e poder comprobar o resultado por eles mesmos.  Unha vez ben mesturado, os nenos percátanse de que cando procedemos a coller un puñado de maicena empapado en auga e é sólido! Mentres que cando abrimos a man e o soltamos convertese en líquido!  Que ocorreu?  Despois de recoller e ordena...