Entradas

GLOBO QUE NON SE DESINFLA

Imagen
 Materiais:  Botella grande de plástico Globo tamaño grande grande  Punzón Primeiro facemos un burato no fondo da botella e colocamos o globo no interior enganchado na boca da botella.   Sopramos o globo pola boca da botella e vemos que non se desinfla. Como ocorre isto? Co globo inflado e o burato tapado, o globo non se desinfla debido a que a botella contén aire no seu interior, por iso se produce vacio, e a presión atmosférica exterior, que é maior que a interior, impide que o aire saia. Pola lei de Boyle-Mariotte sabemos que, a mesma temperatura, se o volumen ocupado por un gas aumenta, a súa presión diminue, polo que o aire interior non empurra tan forte ao globo como o aire de fóra. Se destapamos o burato, o aire entrará aumentando a presión e empurrara o globo e este deixará saír o aire que teña dentro.

CASCADA DE FUME

Imagen
  Materiais: botella de PET folio de papel chisqueiro punzón Primeiro facemos dous buratos na botella (parte superior e inferior) Introducimos a metade da folla de papel envolto como un rolo no burato. Quemamos a folla de papel co chisqueiro (pero sopramos para apagalo rápidamente). E veremos como se crea unha cascada de fume porque dentro da botella non hai ningunha corrente de aire que empurre o fume quente para a parte superior, como sucede na natureza cando hai un incendio (aire frío é máis denso). A densidade do aire é un aspecto clave nos fenómenos metereolóxicos.

GLOBO MÁXICO

Imagen
 Materiais: globo botella de PET vinagre bicarbonato de sodio funil Primeiro botamos 3 dedos de vinagre na botella de plástico. Posteriormente botamos unha culleiriña de bicarbonato no globo, axudándonos dun funil.  Sen que caia o bicarbonato, colocamos a boca do globo na apertura da botella. Deixamos caer o bicarbonato do globo e sorpresa! o globo inflouse porque ao xuntarse o bicarbonato co vinagre produciuse un gas chamado dioxido de carbono que se esparciu ocupando a botella e o interior do globo.

TIPOS DE SOLO

Imagen
 Materiais: 3 botellas PET cortadas pola metade arxila humus  area algodón auga con colorante  Primeiro tapamos a boca das botellas co algodón, e colocamos a parte superior sobre a base da botella.   Despois botamos os diferentes tipos de terra nas botellas    Botamos auga con colorantes ás 3 botellas   Observamos as diferenzas de absorción do solo, descubrindo que o humus e o tipo de terra que absorbe todos os nutrientes necesarios e desbota a auga que non precisa, polo tanto resulta máis axeitado para o cultivo.