GLOBO MÁXICO

 Materiais:

  • globo
  • botella de PET
  • vinagre
  • bicarbonato de sodio
  • funil
Primeiro botamos 3 dedos de vinagre na botella de plástico. Posteriormente botamos unha culleiriña de bicarbonato no globo, axudándonos dun funil. 



Sen que caia o bicarbonato, colocamos a boca do globo na apertura da botella. Deixamos caer o bicarbonato do globo e sorpresa! o globo inflouse porque ao xuntarse o bicarbonato co vinagre produciuse un gas chamado dioxido de carbono que se esparciu ocupando a botella e o interior do globo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO