PASTA DE DENTES

Esta semana no club de ciencias creamos pasta de dentes de cores. Un experimento que resultou moi atractivo e impactante para os alumnos. 
Para comezar, explicámoslles a todos os materiais que íamos a empregar a través do PPT e da nosa interprete para o alumno con deficiencia auditiva.

Os materiais que necesitamos para este experimento foron: botellas de plástico ou pipetas (se é posible), fairy, peróxido de hidróxeno (auga osixenada ó 30%), colorante, yoduro potásico (levadura para cociñar).

En primeiro lugar, dispuxemos periódicos ao longo das mesas e introducimos as botellas dentro de varios bols grandes para evitar o derrame por fora. Colocamos en total 4 botella, cada unha cunha cor distinta (azul, amarelo, verde e naranxa).

En segundo lugar, mesturamos en catro recipientes medidores a levadura e os distintos colorantes. Despois, incorporamos o fairy dentro e removemos ata conseguir unha mestura homoxénea. 

Logo, nas botellas de plastico incorporamos a auga osixenada. E por último, vaciamos toda a mestura de cores dentro das botellas o mais rápido posible para que fixera reacción.

Que pasou? De maneira inmedianta o reaccionar os compoñenente provocaron que toda a mestura se transformase nunha especie de pasta quente (porque desprendía calor) que crecía rapidamente por fora da botella e o recipinete incial. 

Unha verdadeira receta para facer pasta de dentes a toda a comunidade educativa!!

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏



Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO