No día de hoxe fixemos uns xabóns para poder levar na mochila por se gastamos o hidroxel e estamos fora da casa. Ideal para que leven na peregrinaxe os que van de camiño a Santiago.
Ola a todos!! Estivemos pensando que botaríades en falta facer experimentos do club de ciencias do cole "Con batas de cores" . Así que nos puxemos mans á obra e decidimos que podíades aproveitar as cousiñas que temos na casa e facer unha proba a ver que vos sae. Deixámosvos tres experimentos para que poidades elexir e unhas instruccións. Esperamos que o disfrutedes e que nos mandedes as vosas fotos co resultado... pincha aquí
Materiais: Botella grande de plástico Globo tamaño grande grande Punzón Primeiro facemos un burato no fondo da botella e colocamos o globo no interior enganchado na boca da botella. Sopramos o globo pola boca da botella e vemos que non se desinfla. Como ocorre isto? Co globo inflado e o burato tapado, o globo non se desinfla debido a que a botella contén aire no seu interior, por iso se produce vacio, e a presión atmosférica exterior, que é maior que a interior, impide que o aire saia. Pola lei de Boyle-Mariotte sabemos que, a mesma temperatura, se o volumen ocupado por un gas aumenta, a súa presión diminue, polo que o aire interior non empurra tan forte ao globo como o aire de fóra. Se destapamos o burato, o aire entrará aumentando a presión e empurrara o globo e este deixará saír o aire que teña dentro.
PRESIÓNS No Club de Ciencias de esta semana fixemos dous experimentos relacionados coas diferentes presións. Para empezar, explicamos os dous experimentos a realizar con LSE e o power point. De seguido, nomeamos os elementos que íamos a empregar. No primeiro experimento necesitamos: un plato, colorante, cerillas ou encendedor, auga, unha vela e un vaso de cristal. Primeiro botamos un pouco de auga no plato e engadimos o colorante azul. Despois, colocamos a candea no plato e encedémola. Tapamos a candea co vaso e observamos a candea e o nivel de auga. Que acontece?? Tendo en conta que o aire que nos rodea está composto, entre outros gases, por osíxeno, este queimase e se convirte en dióxido de carbono de maneira que os niveis de osíxenos descenden. Polo que ao consumirse o osíxeno do interior do vaso a presión descende debido ó cambio de presión con respecto ó exterior. O segundo experimento empleamos unha bandexa, auga, colorante, unha xarra, aug...
Comentarios