COMO FACER CRISTAIS DE SAL?


En primeiro lugar necesitaremos un pequeno prato no que poñemos 3 culleriñas de sal.


Vertemos un pouco de auga e o removemos ata que se disolva toda o sal.

Deixamos evaporar toda a auga nun lugar onde non se mova o prato e pouco a pouco irán aparecendo uns cristais cadrados ou cubos de 2 ó 3 mm. 

 

Separamos os cubos máis grandes e imos preparando un vaso, un lapis e fío.

Collemos o vaso e botamos auga ata máis da metade, engadímoslle o sal ata que se sature totalmente (non admita máis sal e se quede no fondo sen disolver). A continuación collemos un cubo de sal que separamos e lle pegamos un anaco de fío que atamos ao lapis. Deixámolo somerxido no vaso e esperamos unhas semanas ata que temos un precioso cristal con cubos engadidos.

 

Consideracións:

- O primeiro día, o cubo desaparece!!!

- Ao cabo duns días, á vez que crece o cubo se evapora a auga e fórmase sal nos bordes. Podemos seguir botando auga saturado para que continúe crecendo.

- Para velo crecer o mellor e colocar unha cartolina negra detrás.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Experimentos no confinamento

TIPOS DE SOLO

GLOBO QUE NON SE DESINFLA