Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018
Imagen
FACEMOS MAXIA!! Na segunda semana do noso Club de Ciencias fixemos desaparecer polistireno. Para o cal, necesitamos os seguintes materiais: polistireno expandido, luvas, acetona pura e un recipiente ou un vaso. Para realizalo primeiro anticipámoslles o experimento no Power Point cos diferentes pictogramas e sempre acompañándonos da interprete en LSE, presentándolles así os materiais e o proceso para facer dito experimento.  De esta maneira, comezamos cortando as planchas do polistireno con coidado, axudando aos mais pequenos. Despois, puxemos as luvas para proxeternos ao verter a acetona no vaso. E por último, metemos os anacos de polistireno dentro do vaso coa acetona e observamos como desaparecía.  ¿E que pasou?  Desapareceu...coma un truco de maxia!  Voilà! Ao introducir o polistireno na acetona, este desaparece debido a que é moi lixeiro e en realidade todo o volume está practicamente formado por gas. 👏👏👏👏👏👏👏
Imagen
QUE NEVE!! QUE NEVE!! Para dar comezo ao noso Club de Ciencias tiñamos que levar a cabo un experimento chamativo, visual e por suposto, moi divertido, co obxectivo de presentarlles aos nosos alumnos e alumnas o ben que o pasarían de agora en diante no noso club cada semana.  Por iso, decidimos facer este xenial experimento: producir neve artificial. Para levalo a cabo tan só necesitamos cueiros, auga, un ou varios recipentes, e moitas, moitas ganas. En primeiro lugar, mostrámoslles aos nenos un Power Point coa explicación previa do noso experimento acompañado de pictos e apoiándonos na LSE para comunicarnos de maneira total e plena con todos.  A continuación ensinámoslles os materiais, que ao principio só eran cueiros de tantas cores coma o diversos que somos nós, claro esta!  Logo, tiñan que abrir o cueiro, separar o algodón del e frontar o material coas máns para conseguir despegar os polviños brancos (poliacriliato de sodio). Aínda