QUE NEVE!! QUE NEVE!!



Para dar comezo ao noso Club de Ciencias tiñamos que levar a cabo un experimento chamativo, visual e por suposto, moi divertido, co obxectivo de presentarlles aos nosos alumnos e alumnas o ben que o pasarían de agora en diante no noso club cada semana. 


Por iso, decidimos facer este xenial experimento: producir neve artificial. Para levalo a cabo tan só necesitamos cueiros, auga, un ou varios recipentes, e moitas, moitas ganas.



En primeiro lugar, mostrámoslles aos nenos un Power Point coa explicación previa do noso experimento acompañado de pictos e apoiándonos na LSE para comunicarnos de maneira total e plena con todos. 
A continuación ensinámoslles os materiais, que ao principio só eran cueiros de tantas cores coma o diversos que somos nós, claro esta! 


Logo, tiñan que abrir o cueiro, separar o algodón del e frontar o material coas máns para conseguir despegar os polviños brancos (poliacriliato de sodio). Aínda que parecía que se nos resistían, puidémolo conseguir!


Cando tiñamos suficiente, vaciámolo nunha bañeira e de seguido botámoslle pouco a pouco auga mentres removíamos despaciño. 

E de súpeto a auga foi absorbendo o polvo, este volveuse mais denso, e....voilà! 
Tiñamos neve! 

A verdade é que non puidemos comezar con mellor pé, todos os alumnos colaboraron, os maiores axudaron aos mais pequenos, e o mais importante e que todos o pasámolo xenial. Todo un éxito! 

👏👏👏👏👏👏👏




















Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO