SÓLIDO OU LÍQUIDO ??

Esta semana no Club de Ciencias descubrimos un dos líquidos non Newtonianos. Un experimento moi visual e atractivo para os nosos nenos e nenas. 

Para realizalo, coma parte xa da nosa rutina, espuxemos o Power Point e empregamos a LSE para poder interactuar cos nosos alumnos, expoñendo todo de maneira anticipada, e onde presentamos os materiais e o experimento en sí. Unha vez presentados os materiais empregados: maicena, auga e varios recipientes onde vertelo. 

Logo, votamos maicena en grandes cantidad nos recipinetes sobre a mesa, e a continuación vertemos pouco a pouco a auga. Mentres, os nenos empregan as súas máns para remover a mestura e poder comprobar o resultado por eles mesmos. 

Unha vez ben mesturado, os nenos percátanse de que cando procedemos a coller un puñado de maicena empapado en auga e é sólido! Mentres que cando abrimos a man e o soltamos convertese en líquido! 
Que ocorreu? 

Despois de recoller e ordenar a aula, falamos do tema e preguntamos o porque do acontecemento ós nenos, e explicámoslles que isto débese a que este fluído ten unha viscosidad dependendo da tensión e forza que se lle aplique ao mesmo. 
Por isto, cando lle golpeamos con forza somo incapaces de atravesalo pero sen embargo podelo introducir os nosos dedos.

👏👏👏👏👏👏


 

                             


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO