VOLCANICÉMONOS!!


Esta semana no Club de Ciencias puxémosnos mans a obra, e nunca mellor dito, para crear o noso super volcán que incluso producía lava!!

Os pasos, coma sempre, foron os mesmos. Primeiro anticipámoslles os rapaces o proceso coa axuda do Power Point e despois elaboramos o volcán coa axuda da nosa mestre interprete en LSE. 

Neste caso empregamos os seguintes materiais: cartulina, plastilina de cor verde e marrón, botella de auga, bicarbonato, colorante vermello, fairy, vinagre e recipientes e embudos.

En primeiro lugar, comezamos a extender a plastilina marrón e verde sobre as botellas de plástico, previamente pegadas a un anaco de cartulina. Moldeamos a plastilina ata ir formando unha montaña ou volcán da mellor maneira posible. 

Logo, mesturamos nun recipiente o bicarbonato, o colorante vermello e un pouquito de fairy, e incorporámolo a botella (xa convertida nun volcán) grazas a un embudo. 
Por último, cando todas as botellas tiñan o bicarbonato xa listo botámoslle vinagre ata que....lava! lava! 
O volcán erupcionou!!!

Unha espumiña de cor vermella saiu de repente do interior dos nosos volcáns. Isto foi porque o bicarbonato de sodio é unha base e o vinagre e un ácido, e xuntos forman o gas de dióxido que obrigan a mestura saír por fora do volcán.

👏👏👏👏👏👏






 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO