O ARCO DA VELLA


Esta semana tocou móstraslles aos nosos alumnos como podemos crear con poucos materiais un arco da vella propio. 

Para comezar, xa que este experimentos requiría de unha espera de aproximadamente dúas horas para poder ver o resultado final, preparamos un modelo ese mesmo día pola mañá para que o final os rapaces puideran ver como quedaría. 

Coma parte da nosa rutina científica, empregamos o Power Point e a LSE para proceder a explicar previa do experimento, así dos materiais que íamos necesitar, os cales eran: auga, colorante, vasos de plástico, cuchariñas e papel de cociña. Materias fáciles de atopar na casa ou senón no supermercado. 

Como primeiro paso, colocamos un total de cinco vasos en fila e botamos un pouquiño de auga, arredor de tres dedos, en tres deles pero de maneira intercalada, é dicir, deixando dous vasos baleiros, quedando así un vaso con auga e colorante, outro sen nada e así sucesivamente. 

En segundo lugar, nos vasos con auga incorporamos unhas gotas dos tres colorantes alimenticios (azul, amarelo e vermello) e removemos cunha cuchariña para mesturalos ben. 

E en terceiro lugar, enrolamos anacos de papel de cociña e colocámolos de maneira que un extremo do papel tocaba a auga con colorante en todos os casos e o outro o vaso baleiro, unindo así a fila de vasos e enlazándoos todos de principio a fin. 

Cando pasan dúas horas coma mínimo, que ocorre?? 

Debido a que a auga pégase consigo mesma, cohesión e tamén a todo o que toca, adhesión,  incriblemente, os vasos forman un arco da vella fermosísimo! 
Agora temos todos os vasos cheos de auga ó mesmo nivel e con cores novas que non estaban antes, o laranxa, o morado e o verde!!

👏👏👏👏👏👏👏












Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO