QUE VEDES?


O experimento desta semana require de moita paciencia para poder observar os efectos visuais que podemos observar de diferentes imaxes, así como os que imos producir con materiais de papelería.

Despois de explicarlle coma de costume o proceso do experimento co Power Point e apoiándonos con Lingua de Signos, separamos a actividade en dous talleres.

No primeiro taller, tan só tiñan que observar o que vía e comentar. Tratábase de imaxes en movemento que preparamos con anterioridade, imprimindo unha lámina transparente de liñas negras en tamaño A4 e varias imaxes tamén formadas con liñas negras en folios A4. Dispuxemos nunha mesa escolar unha regra e colocamos unha por unha as láminas de papel con celo e apoiadas na regra para que non se movesen. Logo, deslizamos lentamente a lámina transparente de liñas por enriba dos folios.
Os nenos e as nenas estaban abraiados, por que? Que ocorreu??

Debido a que os folios estaban compostos por varias imaxes solapadas unha coas outras, cando colocamos o modelo transparente por enriba e o moviamos podiamos ver imaxes en movemento: unha pantera correndo, un come cocos atrapando bolas, un engrenaxe movéndose, unha hélice xirando, etc.

No segundo taller, tiñan que facer eles mesmos un efecto visual en movemento, con que?
Empregamos CDs, rotuladores de cores, papel, silicona, bólas e tapóns.

En primeiro lugar, tiñan que calcar o CD nun folio, pintalo da maneira que mais lles gustase, con distintas liñas horizontais e verticais e recortalo.
Logo, tiñan que pegar ese papel decorado no CD, despois a bóla no oco central do CD e pola cara oposta ao papel. E por último pegar o tapón na cara do papel, o cal nos axudaría a tirar o CD coma dunha buxaina se tratase.

Fixemos espazo na mesa, tiramos e xiramos as nosas buxainas e...que vimos??
O efecto de distintas cores que formaba o noso CD, formáronse novas cores e perdemos de ver o debuxo inicial.
Unha actividade súper chula coa que os alumnos pasárono xenial.
Para repetir vamos!!

👏👏👏👏👏👏👏













Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO