PRESIÓNS

No Club de Ciencias de esta semana fixemos dous experimentos relacionados coas diferentes presións. 

Para empezar, explicamos os dous experimentos a realizar con LSE e o power point. De seguido, nomeamos os elementos que íamos a empregar. No primeiro experimento necesitamos: un plato, colorante, cerillas ou encendedor, auga, unha vela e un vaso de cristal. 

Primeiro botamos un pouco de auga no plato e engadimos o colorante azul. Despois, colocamos a candea no plato e encedémola. Tapamos a candea co vaso e observamos a candea e o nivel de auga. 

Que acontece?? Tendo en conta que o aire que nos rodea está composto, entre outros gases, por osíxeno, este queimase e se convirte en dióxido de carbono de maneira que os niveis de osíxenos descenden. Polo que ao consumirse o osíxeno do interior do vaso a presión descende debido ó cambio de presión con respecto ó exterior.
O segundo experimento empleamos unha bandexa, auga, colorante, unha xarra, auga, tesoiras, un cúter e unha botella.

En primeiro lugar botamos auga nunha xarra e engadimos colorante para ver ben a diferencia. Despois facemos un burato pequeno na parte inferior da botella de plástico e tapamos o orificio cun dedo. Enchemos a botella coa auga co colorante e poñemos o tapón e por último, observamos que acontece na botella ao poñer e quitar o tapón, e…
A auga non cae!! Como é posible?? Isto é debido a presión atmosférica, é dicir, cando a botella está tapada a presión atmosférica actúa impedindo que a auga saia. 

👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Comentarios

Entradas populares de este blog

CAPAS DO SOLO

TIPOS DE SOLO

PURIFICADOR DE AUGA CASEIRO